26/5/10

Onte, día 25 de maio, os pequechos de 4 anos tivemos unha "hora de ler" chea de sorpresas e diversión...... Na nosa clase apareceron, como por arte de maxia, os nosos amigos Borja e os nenos e nenas de 2ºEP coas profes Arancha e María.
Os máis pequechos quedaron moi sorprendidos ante tal visita inesperada e estiveron super atentos ao conto titulado "Paco Papán" que nos contaron os nosos amigos....por suposto rematamos todos xuntos cantando a canción do conto.




2 comentarios:

  1. É imposible valorar unha actividade así. Nese instante acabáronse as "cuatro esquinitas de nada" de Borja, que ten moito que contar. Ten prezo iso?

    ResponderEliminar
  2. Canto aprendemos na escola cando somos pequenos. Oxalá o paso do tempo non nos faga esquecer que todos temos un lugar na sociedade e moito que aportar...sexan cales sexan as nosas limitacións.

    ResponderEliminar