16/4/10

Chegou a primavera!!!

Os pequechos de infantil xa están vivindo a chegada da primavera polo que o mércores adicámonos a plantar flores, todos estiveron moi atentos ao proceso (poñer terra, coñecer distintas clases de sementes e de flores, mezclar coa terra...) Ao rematar levamos todo para a aula e alí teremos que regalas e observaremos como, pouco a pouco, as sementes van medrando ata convertirse en fermosas flores...
¡Estas sementes na terra caerán e pronto as prantas alí brotarán!



Caillou ensínanos o que é a primavera ...


E como non podía faltar nesta estación, os pequechos de 4 anos escoitamos a Vivaldi e aprendemos un pouquiño da vida e obra deste gran compositor

1 comentario:

  1. Que chulo! Estou desexando ver as flores! E tamén aos xardineiros coidándoas! Seguro que non ten prezo.

    ResponderEliminar