28/1/10

Hoxe no cole, tivemos unha xornada de atención, emoción e diversión!! Visitáronnos Pablo e Patricia, da editorial Kalandraka, entre os dous contaron dunha maneira moi especial contos que algúns xa coñecíamos como: Paco, A Ratiña Presumida, O poliño da abeleira, Un dous tres que ves?.......
Pablo poñíalle música aos contos coa frauta, a pandeireta, a pandeira e o pandeiro... todos estivemos caladiños escoitando....ssssssshhhhhhh pero tamén participamos axudando a Patricia a cantar e tocar palmas.

Que ben o pasamos todos xuntos!!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario